Por unha oposición activa á pseudoconsulta do PP no ensino
Marca "Todo en galego" / "Só galego" e cubre as observacións
A Mesa pola Normalización Lingüística, xunto con outras organizacións con
presenza no ámbito educativo, consensuou un posicionamento fortemente
crítico coa consulta que está a realizar a Consellaría de Educación. Ademais da
propia Mesa, subscribiron ese posicionamento a Asociación de Directores e
Directivos de IES, a AS-PG, CC.OO, CIG, Comités, Coordenadora de Equipas de
Normalización e Dinamización Lingüística de Ferr